Ghaveta

Música galega

En Ghaveta, corda, voz e percusión conxugarán de tódalas  posibles maneiras na búsqueda da emoción e o ritmo, do baile e a frescura, unha conexión directa na que todas sexamos completamente partícipes dos directos.

Nunha formación de cuarteto acústico, o seu particular son chegará a mergullarte nun universo tímbrico cheo de ritmo, harmonía e sentimento;

Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (bouzouki e guitarra), Felipe Rodicio (violín) e Marta Martínez (voz, percusións e bouzouki) crearon Ghaveta en 2013. Logo de madurar o proxecto en numerosos concertos, gravan “Disque” en 2015, Un traballo composto por muiñeiras, xotas, pasodobres e cantos de traballo que conversan, en ocasións, con novas composicións e ritmos. Percorrerás Galiza o carón dun arpa e unha pandeireta.

Xa en 2020 publican "A raíz do pensamento". Un traballo feito devagar, froito de todos estos anos de ensaios e concertos.
 A raíz do pensamento, traspasa fronteiras e lindes nos que atoparas pequenas sorpresas e matices, que darán unha nova vida as nosas fermosas músicas.

  • Mondariz, Pontevedra, Spain

I BUILT MY SITE FOR FREE USING